Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avilés, cualificada na Rede como modelo a seguir en cuestión de Wi-Fi público
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avilés, cualificada na Rede como modelo a seguir en cuestión de Wi-Fi público

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aviles.jpgEn cuestión de Wi-Fi, todo semella acabado de saír dunha fase de probas. Non podía ser doutro xeito: trátase dunha tecnoloxía de acceso á Internet, sen fíos, nova, en proceso de melloras e de regulamento. Con todo, na súa implantación ao longo e ancho do territorio estatal estanse a localizar, a xuízo dos especialistas, algúns exemplos a seguir. Ou sexa, puntos fixos para elementos que se moven: a innovación e a distancia que nos separa do coñecemento. Para webs como ADSLZone ou Lavidawifi, entre estes modelos atópase a vila asturiana de Avilés, espazo urbano onde se vén de poñer en marcha un proxecto de 7 millóns de euros de investimento para achegar Wi-Fi de balde en zonas públicas como o casco histórico, o paseo marítimo, os campus e as bibliotecas. A iniciativa, presentada ao detalle polo Concello no Encontro sobre Telecomunicacións, ten unha característica que en certa maneira a diferenza doutras propostas do mesmo pau: é de balde e permite velocidades de entre 10 e 20 megas, cunha capacidade de rede que posibilita a conexión de ata 400 usuarias e usuarios de maneira simultánea.
A infraestrutura, que inclúe 66 antenas e 13 quilómetros de fibra óptica, non é nova. En realidade, está xa habilitada dende abril de 2007, sendo a media de emprego de máis de 3.000 conexións ao mes. O que si que é novo é o pulo que se lle está a dar no Concello, incrementando a súa capacidade e favorecendo a participación.
Polo que respecta aos posibles problemas de competencia desleal que se poidan desprender do feito de que un goberno local ofreza un servizo de balde en substitución dunha iniciativa privada que xere negocio, o Concello xa saíu ao paso en constantes ocasións: o seu obxectivo, di, non é competir cos operadores senón achegar acceso de balde aos cidadáns que permita conexións á Rede de alta velocidade e levar a cabo trámites coas administracións pola vía do dixital. Dito doutro xeito: sinalan os responsables que non supón un atranco para que ningún operador de telecomunicacións. De feito, engaden, tendo en conta que o 98% da poboación da cidade xa ten banda larga no seu fogar, non semella que se poida falar dunha gran cantidade de veciños que estean a dar de baixa os servizos privados en beneficio da opción pública.
Por certo que segundo explica Lavidawifi, o modelo de Avilés respecta a legalidade establecida polo miúdo pola CMT (Comisión do Mercado das Telecomunicacións), xa que é unha empresa a que actúa como cliente e pagadora da terminal, sendo a través de patrocinios e publicidade como se favorece que a rede sexa sostible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?