Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Caixa Galicia abre “a oficina do futuro” en Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Caixa Galicia abre “a oficina do futuro” en Compostela

Raquel Noya
Publicado: 08/07/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Caixa_galicia_centro_on.jpgCaixa Galicia, na súa teima por adentrarse de cheo nas novas tecnoloxías e non deixar que o tren da dixitalización e as TIC pase de largo polo noso país, vén de presentar unha nova sede para o seu Centro de Estudos Económicos, o cal integra as áreas de traballo do Centro de Investigación Económica e Financieira (CIEF), diversas aulas de formación do Instituto Tecnolóxico e Empresarial (ITE Caixa Galicia) e unha zona de implantación das novas tecnoloxías da información no denominado Centro On, situado nun edificio centenario do casco histórico de Santiago de Compostela.
Este novo Centro de Estudos da entidade galega, vai mobilizar, segundo veñen de anunciar os seus responsables,”un plantel de 103 investigadores económicos de toda España, así como profesores das mellores escolas de negocios para a formación de cadros directivos das empresas”.
Deseñado como unha infraestrutura socioeconómica para achegar ferramentas de análise e formación ao tecido empresarial galego, o Centro de Estudos Caixa Galicia será oficialmente inaugurado mañá ás 19.00 horas polo conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra, polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e polo director xeneral de Caixa Galicia, José Luis Méndez.
Situado no corazón histórico compostelán, no número 33 da Rúa Nova, este espazo dispón de máis de 1.500 metros cadrados que serán a sala de mandos de boa parte da actividade investigadora e formativa da entidade.

Esta construcción centenaria, na que van coincidir tres espazos e usos diferenciados, albergará, entre outras cousas, dúas aulas e unha sala de conferencias a través das cales se instrumentará unha ampla oferta formativa dirixida tanto a profesionais e directivos como a persoas recén tituladas.
Os cursos, que comezarán despois do período estival, incluirán actividades sobre Economía e Finanzas, Dirección de Empresas e Tecnoloxía, as tres áreas de especialización de ITE.
Por outra banda, na planta baixa do novo Centro de Estudos Caixa Galicia intégrase un Centro ON, un avance do que serán as oficinas bancarias do futuro, dotadas das máis altas prestacións tecnolóxicas e totalmente abertas ao público.
Logo da “satisfactoria experiencia” co primeiro destes espazos, o Centro ON Caixa Galicia de A Coruña, os responsables da iniciativa esperan converter o número 33 da Rúa Nova compostelana “nun escenario habitual da vida de todos os composteláns”, poniendo á súa disposición ata catorce postos de navegación libre e cinco de navegación titorizada, nos que se impartirán cursos de balde de iniciación ás novas tecnoloxías da comunicación.
Asemade, os investidores poderán disfrutar, segundo afirman dende Caixa Galicia, “dunha zona específica e o servizo ON Broker, con todo tipo de información e asesoramento en tempo real sobre os mercados financieiros internacionais”.
O inmoble rehabilitado agora como sede do Centro de Estudos Caixa Galicia foi, durante 30 anos (1974-2007), a sede da Biblioteca Club 33, ampliada e trasladada dende hai dous anos a un espazo máis amplo do ensanche compostelán.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?