Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC fai entrega de lectores de e-book sorteados entre usuarios da Biblioteca Universitaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC fai entrega de lectores de e-book sorteados entre usuarios da Biblioteca Universitaria

Raquel Noya
Publicado: 09/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Acto de entrega dos lectores de e-books
Acto de entrega dos lectores de e-books
A Universidade de Santiago de Compostela vén de facer entrega dos dispositivos de lectura de libros electrónicos ou e-readers que sorteaba con motivo da campaña Fai que a túa opinión conte!, na que participaban alumnos e alumnas da entidade, coa fin de dar a coñecer o seu grao de satisfacción cos servizos da biblioteca universitaria.
As estudantes Olalla Calvo Míguez, Paula Vázquez Ramos e o Persoal Docente e Investigador, Manuel Pereiro López, Mª del Carmen Rodríguez Pérez e Mª Dolores Cadabal Sanpedro, foron as cinco persoas seleccionadas pola institución académica para facerse co seu propio lector de libros electrónicos e poñerse ao día no tocante á lectura en liña, un sector en fase de despegue no noso país, que entra con bo pé nos campus galegos, sendo “unha das apostas do futuro da biblioteca universitaria”.
O sorteo realizouse informaticamente na secretaria xeral da USC ante a presenza de Isabel García-Rodeja, María Isabel Casal, Carlos Gómez e o persoal da secretaría
O sorteo realizouse informaticamente na secretaria xeral da USC ante a presenza de Isabel García-Rodeja, María Isabel Casal, Carlos Gómez e o persoal da secretaría
O sorteo tivo lugar en San Xerome, e contou coa presenza da secretaria xeral da USC, Isabel García-Rodeja, así como coa da directora da Biblioteca Universitaria, María Isabel Casal e do secretario xeral adxunto, Carlos Gómez Otero.
A enquisa, que se podía cumplimentar dende o 23 de abril ata o 8 de maio a través da web, estaba dirixida a profesores, investigadores, alumnos e persoal da administración e servizos, e tiña como finalidade avaliar a opinión dos usuarios da biblioteca universitaria e recompilar información que lle permitira aos responsables da mesma, “detectar as oportunidades de mellora deste servizo, imprescindibles para emprender accións que aumenten a súa calidade”.
Porén esta non é a única acción en torno á lectura virtual que levou a cabo a entidade académica Compostela no último periodo, xa que, segundo vén de anunciar o xornal dixital, El Correo Gallego, a USC “reafirma a súa aposta pola innovación tecnolóxica incluíndo nos seus servizos ofertados, un catálogo de libros e revistas electrónicas”.
Estes poden ser consultados de balde polo alumnado e o persoal docente e administrativo a través da súa web, o cal, xunto coa creación masiva na Rede de portais dedicados á venda e distribución de libros electrónicos, permite que os afortunados gañadores dos e-books, poidan acceder a unha chea de contidos en liña por un investimento mínimo ou simbólico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?