Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés crea unha web para adaptármonos ao apagamento analóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés crea unha web para adaptármonos ao apagamento analóxico

Raquel Noya
Publicado: 09/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

elapagonanalogic.net.jpgTelevés, a compañía galega que máis está a facer en prol da chegada da TDT ao noso país, mirando porque esta se dea o mellor posible e procurando que o apagón analóxico non colla a ningún veciño sen terse adaptado antes, vén de por en marcha a web Elapagonanalogico.net, na que trata os aspectos técnicos do proceso de transición á televisión dixital para axudar aos técnicos e instaladores profesinais no seu labor de adaptación de terminais.
Esta acción, que non é a única que a compañía ten levado a cabo en torno a este sector, (lembremos que a TDT representa o 80 por cento do volume de negocio da firma galega) súmase á edición da guía Do apagamento analóxico ao arranque dixital, da que Televés distribuíu 15.000 exemplares entre os profesionais encargados de adaptar as antenas colectivas para a óptima recepción da TDT.
A posta en marcha da web e a produción e distribución da guía forman parte da política de soporte técnico e formativo aos instaladores profesionais, un aspecto da súa relación co cliente ao que Televés sempre dedicou especial coidado.
A compañía con sede en Santiago de Compostela apoiouse na súa ampla rede comercial para facer chegar o documento os instaladores de todas as comunidades autónomas españolas, e púxoo a disposición dos mesmos na devandita páxina web, onde poden consultalo e descargalo de balde sen ningún tipo de requerimento.
A guía Do apagamento analóxico ao arranque dixital é un documento de 40 páxinas no que se ofrece información sobre os principais parámetros do proceso de transición á TDT, e sobre as condicións técnicas e o equipamento necesario para adaptar as instalacións, tanto individuais coma colectivas, facendo fincapé na importancia de coidar todos os elementos que forman parte da instalación para garantir a calidade do servizo.
O folleto inclúe, asemade, ampla información sobre os equipos de Televés para a captación, distribución e medida do sinal da televisión dixital terrestre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?