Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Igalia convoca a terceira edición do seu concurso de proxectos en software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Igalia convoca a terceira edición do seu concurso de proxectos en software libre

Raquel Noya
Publicado: 10/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Miguel Álvarez Úbeda, gañador da pasada edición do concurso
Miguel Álvarez Úbeda, gañador da pasada edición do concurso
Igalia, a empresa galega de desenvolvemento de software libre con sede na Coruña, vén de convocar a terceira edición do seu Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre, que como nas edicións anteriores, recoñece ao mellor PFC desenvolvido con aplicacións abertas presentado nalgunha escola ou facultade de Galicia durante o pasado ano académico.
Con esta iniciativa, a entidade busca fomentar o achegamento e coñecemento dos universitarios galegos sobre o software libre e promover o emprego de calidade baseado nas tecnoloxías da información e a comunicación, a través dun concurso único na nosa comunidade que conta coa colaboración de Mancomún.
O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre vai habilitar a Forxa para a inscrición e publicación de todos os proxectos participantes, permitindo que estes estean accesibles á análise e estudo de calquera persoa interesada.
A inscrición, que deberá formalizarse antes do vindeiro día 30 de outubro na web de Igalia, poderá realizala calquera estudante dalgunha das tres universidades galegas que teña defendido ou vaia defender o seu Proxecto Fin de Carreira, cunha nota mínima dun 5.0., nalgunha das convocatorias do ano académico 2008/2009.
Asemade, entre outros requisitos, o proxecto deberá rexistrarse na Foxa de Mancomún, no tópico creado ex profeso para o premio.
O proxecto gañador, que será dado a coñecer durante a terceira semana de novembro no salón de actos da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, será premiado con 1.000 euros, podendo decidir o xurado a concesión dun accésit de 500 euros.
Este ano, o xurado estará composto polo coordinador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Xesús M. Benítez Baleato, á cabeza, así como por dúas persoas máis da empresa Igalia e representantes das tres universidades galegas.
Na pasada edición resultou gañador, o proxecto Ferramentas de análises de redes, de Miguel Álvarez Úbeda, un alumno da UDC que foi valorado pola súa integración previa no proxecto gvSIG como extensión non oficial.
Un ano máis, Igalia promove esta iniciativa coa idea “de incentivar entre outros aspectos a actividade da comunidade galega do software libre” e así o fan constar na propia web do Premio: “canto antes o inscribas e maior actividade teñas nos repositorios públicos, maiores posibilidades terás de gañar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?