Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RTC presenta un titorial para atopar traballo na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RTC presenta un titorial para atopar traballo na Rede

Raquel Noya
Publicado: 14/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Presentación Programa Multimedia de Formación no Telecentro de Santiago de Compostela
Presentación Programa Multimedia de Formación no Telecentro de Santiago de Compostela
A Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (RTC) vén de anunciar que mañá mércores, 15 de xullo, no marco da campaña Comunícate, vai levar a cabo a presentación dun titorial sobre Como atopar traballo na Rede, que ten como principal obxectivo facilitarlle aos usuarios e usuarias o coñecemento e uso das novas tecnoloxías no ámbito da comunicación, e en concreto, no eido laboral.
Segundo afirman os responsables desta campaña, desenvolvida pola Secretaría Xeral de Medios para dar a coñecer a Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (RTC), “nunha coxuntura como a actual, marcada por unha crise económica e laboral, faise necesario buscar alternativas ao xeito tradicional de atopar un posto de traballo. Neste contexto, Internet configúrase como unha ferramenta útil para chegar, sen moverse do sitio, a un amplo abano de empresas de todos os sectores, ben a través dos portais específicos, das webs de administracións públicas ou das propias empresas que oferten o emprego”.
O titorial poderase seguir dende o telecentro de Melide, entre outros
O titorial poderase seguir dende o telecentro de Melide, entre outros
A xornada poderase seguir a través de videoconferencia nos Telecentros de Comunicación de Oroso, Vimianzo, Ourense, Lugo e Melide, onde os interesados poderán traballar co titorial e coñecer de primeira man as vantaxes do emprego das novas tecnoloxías e Internet aplicadas á nosa vida cotiá.
A través da campaña Comunícate, o persoal da Secretaría Xeral de Medios pretende que os Telecentros de Comunicación (TC) se incorporen como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía e que se constitúan como puntos de referencia de acceso ás novas tecnoloxías no ámbito da comunicación.
O acto terá lugar ás 10:30 horas no Centro Multimedia de Galicia de Santiago de Compostela, na rúa do Hórreo, 61, e a el acudirán, entre outras persoas, Felicitas Rodríguez, xefa do Servizo de Programación Multimedia-Secretaría Xeral de Medios e María Otero Reboiras, Xefa do Servizo de Xestión e Coordinación da Subdirección Xeral de Colocación.
Os interesados poden informarse e inscribirse no teléfono do CAU 902 922 270, ou a través do correo electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?