Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft convoca o concurso de desenvolvemento de aplicacións, Imagine Mobile
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft convoca o concurso de desenvolvemento de aplicacións, Imagine Mobile

Raquel Noya
Publicado: 14/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobile_windows.jpgMicrosoft, a compañía tecnolóxica internacional que estes días está a dar que falar pola súa colaboración con Euskaltel, vén de anunciar a súa intención de convidar aos desenvolvedores a “formar parte da nova experiencia nos teléfonos Windows” a través do concurso Imagine Mobile, aberto para todas as persoas interesadas, con creatividade dabondo para xerar aplicacións orixinais para os devanditos terminais.
O concurso está aberto a todas as persoas creativas e creadoras, dende xente universitaria ata experimentada desenvolvedora que sexa quen de construir novas aplicacións que supoñan unha innovación no mercado e que axuden a mellorar o día a día dos usuarios dos teléfonos Windows, tanto na súa faceta persoal como na profesional.
O xurado estará composto por representantes de Vodafone, Sony Ericsson, Microsoft, a comunidade Mobile Nug, destacados xornalistas e o Centro Microsoft de Innovación en Mobilidade, e poñerá especial atención naquelas aplicacións que innoven en comunicacións, creen novas experiencias de ocio, widgets, etc.
As persoas que resulten gañadoras nesta orixinal competición terán a oportunidade de ser as primeiras en comercializar as súas aplicacións na nova tenda en liña da compañía Windows Marketplace, ademais de acceder a diferentes premios e axudas para o desenvolvemento de aplicacións, tales como contías en metálico, que van dos 3.000 aos 10.000 euros, e distintas ferramentas de desenvolvemento de Microsoft ou videoxogos.
Os concursantes poderán, asemade, comercializar a súas creacións da maneira que o desexen, sen estar comprometidos a facelo a través de Marketplace.
Para David Fernández, Director de Windows Mobile en España, “Windows Mobile non remata no sistema operativo, senón que engloba tamén todo o ecosistema de aplicacións que están en torno a este. Os desenvolvedores son para nós esenciais para seguir enriquecendo a experiencia dos usuarios dos teléfonos Windows con novas e apaixonantes posibilidades”.
Todas as persoas interesadas en participar no concurso, poden informarse e inscribirse dende hoxe e ata o 3 de agosto na web oficial do evento e optar a diferentes premios económicos, portais e comunidades para dar a coñecer as súas aplicacións, así como a diversas ferramentas de desenvolvemento para continuar dando forma ás súas ideas, entre outros beneficios.
Esta tenda virtual inaugurarase a finais de setembro, coincidindo co lanzamento do novo sistema operativo Windows Mobile 6.5 e a resolución do concurso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?