Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ramón Piñeiro presenta unha nova versión do CORGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ramón Piñeiro presenta unha nova versión do CORGA

Raquel Noya
Publicado: 16/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

presentacion_corga.jpgEsta mesma mañá, no marco da presentación da nova versión do CORGA, o Corpus de Referencia do Galego Actual, que tivo lugar no Club Internacional de Prensa en Santiago de Compostela, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, afirmou que desde Política Lingüística da Consellería de Educación e O.U. están “completamente decididos a potenciar a lingua galega a través dos novos recursos tecnolóxicos”, unha declaración moi acertada que salienta, aínda máis se cabe, as vantaxes das novas ferramentas incluídas no devandito proxecto.
Esta iniciativa do Centro Ramón Piñeiro, acada as 25 millóns de formas e inclúe novas aplicacións que permiten desenvolver unha análise da nosa língua moito máis sofisticada do que xa de por sí o facía.
En concreto, o CORGA consiste nun corpus de documentos en formato electrónico no que están representados os diferentes tipos de textos (xornalísticos, divulgativos, literarios, etc.) da lingua galega actual, desde 1975 ata a actualidade. Entre os principais avances que incorpora esta última versión do CORGA atópase o desenvolvemento do Etiquetador / Lematizador do Galego Actual (XIADA), que engade información gramatical sobre as palabras e un sistema de busca por palabra moito máis avanzada. Os outros dous recursos lingüísticos que se proporcionan son a lista completa de formas ortográficas diferentes (386.000) presentes no CORGA, xunto coa súa frecuencia de ocorrencia, e unha ferramenta que achega diversa información sobre cada palabra.
A aplicación está dispoñible na Rede e o rexistro no sistema é de balde. Os sistemas e recursos relacionados con este proxecto están destinados principalmente aos investigadores da lingua galega actual nos diferentes ámbitos, fornecéndoos con ferramentas que lles permitan, por unha banda, obter datos de diversa índole relacionados co emprego da lingua e, pola outra, desenvolver ferramentas de análise do galego cada vez máis sofisticadas.
Esta aposta pola investigación e as novas tecnoloxías conforman, segundo afirmou Lorenzo, “unha liña de actuación prioritaria da política lingüística do Goberno galego”, que ten como obxectivo “fornecer produtos e servizos electrónicos que fagan posible acceder aos recursos que ofrecen as novas tecnoloxías empregando a lingua galega”, comentou.
Ademais do secretario xeral, tamén participaron no acto de presentación Guillermo Rojo, director técnico da área lingüística do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Eva Domínguez e Mario Barcala, coordinadores da parte lingüística e da parte informática do proxecto, respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?