Os usuarios de telefonía móbil de prepago de Vodafone tamén poden aproveitar as posibilidades do 3G para acceder á Rede banda larga móbil grazas a bonos prepago que veñen de cambiar as súas tarifas, de xeito que é posible pagar por volume de tráfico ou por tempo.
Neste último caso cóntase cun límite de tráfico de 1 Gb a partir do que a velocidade baixa a 128 Kbps, e que custan 19, 29 e 49 euros para períodos de 7 días, 15 días e 1 mes; mentres que por volume de tráfico pódense adquirir bonos cunha duración de 90 días nos que facturan a 19, 29 e 59 euros as transferencias de 250 Mb, 400 Mb e 1 Gb. Estas novas tarifas entrarán en vigor o vindeiro 4 de agosto.
Os usuarios que queiran gozar destas conexións tamén poderán gozar dunha promoción a través da que adquiren o módem USB K365 por 49 euros incluíndo un bono de 250 Mb (valorado en 19 euros).
Vodafone reduce as súas tarifas prepago de banda larga móbil
Compartir Este Artigo
