Un fallo nas redes de Telefónica fixo que centos de clientes de Movistar non puideran utilizar os seus teléfonos móbiles durante parte da mañá de onte na provincia de A Coruña, de xeito que non podían establecer chamadas non só con outros clientes de Movistar, senón tamén con teléfonos fixos a números doutras operadoras de telecomunicacións.
Dende La Voz de Galicia aseguran que a operadora non precisou a orixe da avaría, polo que non podemos precisar o alcance da incidencia, aínda que pola tarde as comunicacións xa estaban totalmente normalizadas.
Incidencia no servizo de Movistar na provincia de A Coruña
Compartir Este Artigo
