Hoxe comezaron as emisións de Gol TV dentro da programación da canle ata o momento chamada Hogar10, de xeito que durante o que resta de mes continuará coma canle en aberto, para pasar a emitirse codificado en setembro, mes no que Sony Pictures Entertainment confirmou que tamén vai distribuír os contidos da canle AXN a través de Veo Televisión, de xeito que a canle de ficción que actualmente está dispoñible en plataformas coma Digital+, R ou Imagenio ofertarase tamén a través da TDT facendo uso da tecnoloxía de Dahlia TV, compañía que buscará crear unha plataforma de contidos (agardan incorporar novas canles no futuro) que subvencionará a adquisición de decodificadores e que nun principio ofertará AXN por 8 euros/mes.
AXN sumarase en setembro á TDT de pago
Compartir Este Artigo
