A Carta de Dereitos do Usuario dos Servizos de Comunicacións Electrónicas aprobado a través do Real Decreto 899/2009 de 22 de maio entrou en vigor o pasado domingo, de xeito que a partir de agora os procesos de portabilidade de números de telefonía móbil non poderá prolongarse máis de 2 días, o que debería dinamizar a competencia no sector.
Outros dereitos como as indemnizacións por interrupción no servizo, tamén aparecen recollidos na Carta, destacando que esta compensación deberá ser automática cando sexa superior a 1 euros para o servizo telefónico ou se supera as 6 horas no acceso á Rede (dentro do horario de 8:00 a 22:00 horas).
As portabilidades telefónicas deberán completarse en menos de 2 días
Compartir Este Artigo
