
Estariamos así ante o que algúns consideran que podería ser aniversario da Internet (de considerar que tal rede e ARPANET son a mesma cousa), aínda que moitos outros poñen a data a celebrar no 29 de outubro, día no que transmitirían a primeira mensaxe a un segundo nodo, sito no Instituto de Desenvolvemento de Stanford (SRI), aínda que só chegaron a enviar dúas letras («LO», non podendo completar a palabra login).
De todos os xeitos hai que precisar que esta primeira rede pouco ten que ver co que actualmente chamamos Internet, rede que consolidaríase o 30 de abril de 1995, cando culminouse a privatización da NSF, dando lugar á estrutura organizativa da Internet que hoxe coñecemos, como unha rede comercial con certa independencia.
Hoxe hai 40 anos da instalación do primeiro nodo de ARPANET
Compartir Este Artigo

