O evento Nokia World 2009 serviu para que a compañía de móbiles finlandesa presentase as súas principais novidades para os vindeiros meses, entre os que podemos destacar os novos móbiles Nokia X6 e X3, e unha versión reducida do N97.
O Nokia X6 seguiría os pasos de XpressMusic 5800, de xeito que teriamos un terminal con pantalla táctil capacitiva de 3,2 polgadas, con 32 Gb de almacenamento interno, cámara fotográfica de 5 Mpíxeles con flash LED, saída de televisión, A-GPS, navegador web con soporte de Flash Lite e un prezo libre de 450 euros incluíndo o servizo Come with Music (que inclúe o acceso a un amplo catálogo musical).
O Nokia X3 sería o primeiro terminal con S40 que inclúe o acceso á plataforma Ovi Store, e ten unhas prestacións bastante limitadas, cunha pantalla de 2,2 polgadas, cámara de 3,2 Mpíxeles, lector de tarxetas microSD, Bluetooth 2.1 e altofalantes estéreo, de xeito que estariamos a falar dun móbil orientado á reprodución musical, que venderase libre por 150 euros.

Pero o máis significativo do novo N97 foi a integración do novo servizo Nokia Lifecasting (tamén accesible dende o Nokia 6700 classic), nacido da alianza entre Nokia e Facebook, para permitir as actualizacións na citada plataforma de redes sociais dende a pantalla de inicio do terminal móbil, podendo tamén compartir fotografías tomadas co móbil e a ubicación actual, para facilitar a interacción cos contactos, coma podemos ver no interesante vídeo de presentación desta tecnoloxía:
Nokia presentou 3 novos terminais móbiles
Compartir Este Artigo
