Os profesionais que desexen comezar a introducirse na experiencia de Windows 7 sen ter que agardar ao lanzamento final do produto poden acceder ao programa de proba que permite utilizar a versión Windows 7 Enterprise durante 90 días, estando dispoñibles tanto as versións de 32 coma de 64 bits (incluíndo as correspondentes ao español).
Windows 7 non chegará ao mercado oficialmente ata o 22 de outubro, polo que esta é unha boa oportunidade para probar o novo sistema operativo de Microsoft na súa versión definitiva, aínda que cómpre lembrar que rematado o período de proba quedará inutilizable, de xeito que de querer continuar a utilizar Windows 7 será preciso facer unha instalación limpa. Tamén hai que destacar que a versión corporativa de Windows 7 non está dispoñible a través de tendas (senón que achégase dende a canle de distribución profesional).
Microsoft permite usar Windows 7 Enterprise de balde durante 90 días
Compartir Este Artigo
