O Kindle 2 é un lector de libros electrónicos comercializado por Amazon nos EE.UU. e que funciona coma un produto pechado no que os usuarios poden cargar contidos adquiríndoos a través unha tenda virtual accesible dende calquera lugar (pois as descargas realízanse a través da rede de telefonía móbil, estando tal tráfico incluído no prezo dos propios libros mercados) ou conectando o dispositivo ao PC, aínda que cun soporte de ficheiros bastante limitado, o que pode solucionarse a través de distintos conversores, pero grazas a certos hackeos conseguiron abrir o trebello para facelo funcionar cunha versión de Linux que polo momento xa pode aproveitarse para realizar a conversión de ficheiros PDF e EPUB para a súa lectura no Kindle, o que é unha das moitas posibilidades da liberación do dispositivo de Amazon, que podería servir de inspiración para proxectos semellantes para outros lectores de libros electrónicos, que co tempo podería permitir más cousas das pensadas inicialmente polos seus creadores.
Instalan Linux nun Kindle 2
Compartir Este Artigo
