Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amplíase o prazo para participar na III edición do Máster en Software libre de Igalia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amplíase o prazo para participar na III edición do Máster en Software libre de Igalia

Raquel Noya
Publicado: 04/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Os responsables da terceira edición do Máster de Software Libre que organizan a empresa Igalia e a Universidad Rey Juan Carlos para atender á demanda de profesionais especializados en aplicacións abertas dentro do sector TIC, veñen de ampliar o prazo de inscrición ata o vindeiro 18 de setembro, un prazo extraordinario que poderán aproveitar aquelas persoas que non se puideron inscribir no pasado mes de xullo.
Os interesados en participar, que precisan ter amplos coñecementos en informática, deberán formalizar a súa matrícula, a través da páxina web oficial, antes da devandita data, e poderán beneficiarse das axudas dispoñibles nesta edición se cumplen algúns dos seguintes requisitos: ser estudantes titulados nos últimos dous anos en Enxeñaría ou Enxeñaría Técnica en Informática ou Telecomunicacións, pertencer aos colexios profesionais de Enxeñaría Informática de Galicia, Enxeñaría Técnica Informática de Galicia ou Enxeñería de Telecomunicacións, ser membro dalgunha das asociacións de Software Libre galegas, AGNIX, GALPON, GHANDALF, GLUG, OUSLI, ou GPUL, ou incluso traballar nalgunha das empresas asociadas a AGASOL e ASOLIF.
Asemade, os dous mellores expedientes entre os recén titulados da devandita especialidade, poderán optar a un 30 por cento de desconto no prezo final do Máster, que non será acumulable ao desconto aplicado por ser titulado.
As clases, que darán comezo a partir do vindeiro mes de outubro na Coruña, terán lugar os venres pola tarde e os sábados pola mañá, e os asistentes terán a oportunidade de asistir a congresos internacionais e a traballar en grupo durante o desenvolvemento da docencia.
O curso, que ten un custo de 7.000 euros (sen contar os descontos e a opción de realizar prácticas remuneradas), terá un enfoque práctico-técnico e oriéntase principalmente aos recén titulados e profesionais TIC que desexen mellorar as súas capacidades para xestionar, analizar e colaborar en proxectos internacionais de Software Libre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?