Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A e-administración galega non pasa a ITV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A e-administración galega non pasa a ITV

Raquel Noya
Publicado: 08/09/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

administracion_en_lina.jpgAs conclusións extraídas do último estudo elaborado conxuntamente por ADECES (Asociación pro Dereitos Civís, Económicos e Sociais) e a Asociación de Internautas (AI) sobre a e-administración autonómica, non podían ser máis claras e contundentes, posto que mostran o que xa todos máis ou menos xa sabiamos pero que non nos atreviamos a dicir: “a fenda dixital estase a acentuar no noso país”. A pesar de que estamos en pleno século XXI e que as novas tecnoloxías xa forman parte do día a día de case toda a sociedade, a administración electrónica segue a ser unha asignatura pendente para a maioría das comunidades, especialmente a nosa.
Porén o problema non é da nosa administración, que ao igual que as demais, leva anos apostando pola dixitalización e a diversificación dos seus servizos e que xa permite, entre outras moitas cousas, solicitar subvencións, pedir cita para o médico ou matricularse nas oposicións sen moverse da casa. O problema radica na política practicada polas operadoras nacionais, que centraron a súa guerra de competencia nos clientes que xa teñen acceso a Internet, esquecéndose de cheo dos cidadáns que carecen de conexión e teñen unha mala cobertura de telefonía móbil.
Neste senso os galegos somos os máis perxudicados xa que, se a porcentaxe de fogares con acceso a Internet en España é moi baixa respecto da media europea (51 por cento fronte ao 60 por cento na UE), en Galicia tan só o 39,7 por cento das familias teñen acceso á Rede na súa casa, facendo da nosa comunidade a de menos fogares conectados a Internet de España.
Neste senso, os responsables do estudo, ADECES e AI, solicítanlle aos operadores que compitan polos cidadáns que, en calquera parte do territorio, carecen de conexión, ben sexa adecuando os seus prezos ou adaptando os seus produtos ás necesidades daqueles.
Ademais, requírenlles que melloren a atención post venda e que poñan a disposición dos usuarios aplicacións de seguridade alcanzables, todo iso para incrementar a confianza dos cidadáns.
O informe revela asemade que a administración electrónica segue a ser a asignatura pendente para a maior parte das comunidades. Tamén neste campo Galicia queda á cola e é incapaz de seguirlle o ritmo ás comunidades que levan anos apostando pola administración electrónica como Madrid e Andalucía.
O abismo dixital que separa a unhas administracións de outras acentúase co paso do tempo e a nosa é unha das comunidades que peor parada sae da comparación. Segundo o devandito estudo, a Xunta perde posicións tanto en número de servizos interactivos en xeral (pasando a situarse no noveno posto) como naqueles dirixidos exclusivamente aos cidadáns (onde baixou do sétimo ao oitavo posto).
No tocante á web da Xunta, os autores do estudo califícana con un decepcionante regular ao entender que a localización e a presentación dos servizos telemáticos é mellorable o que se suma á detección de fallos durante a conexión.
Malia estas deficiencias e ao feito de que o desenvolvemento da e-administración en Galicia é francamente mellorable, nos dous últimos anos a carta de servizos interactivos da Xunta medrou un 57 por cento e ofrece xa máis de 160 posibilidades diferentes aos internautas, que, aínda que queda moi atrás respecto aos máis de 400 que permite realizar a administración pública madrileña, é un aspecto positivo a ter en conta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?