Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televes premia ás mellores solucións de incidencias relacionadas coa TDT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televes premia ás mellores solucións de incidencias relacionadas coa TDT

Raquel Noya
Publicado: 09/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

televes_antena_dat_hd.jpgA firma galega de telecomunicacións Televes, líder aboluta do mercado por tecnoloxía e cota de penetración, volve de novo á carga na súa aposta pola dixitalización do sinal de televisión e comeza o curso cunha máis que envexable carga de enerxía e optimismo. A empresa, que o pasado ano cumpría o medio século de vida, leva un tempo apostando forte pola TDT, e o seu traballo actual consiste, preferentemente, en darlle un cambio total aos procesos de tratamento do sinal de TV, co conseguinte deseño de productos e incremento da complexidade dos mesmos para mellorar en todo o posible a calidade da imaxe. A última fazaña deste grande da tecnoloxía, foi a posta en marcha dunha iniciativa que premia aos instaladores que atopen as mellores solucións técnicas para resolver incidencias vinculadas coa Televisión Dixital Terrestre (TDT). Trátase dun concurso internacional no que poderán participar todos aqueles profesionais da instalación que empregaran a antena DAT HD da firma, como parte dunha solución técnica para obter recepción da TDT. Para participar neste concurso, que os seus creadores deron en chamar, 1.000 antenas, 1.000 solucións, os instaladores deben comunicar os detalles da solución técnica implantada por medio dun informe, e cubrir un formulario aloxado na web da antena DAT HD. Os tres mellores informes recibirán como premio sendos medidores de campo portátiles H45, os primeiros da súa clase que incorporan o procesado dixital. O gañador do primeiro premio obterá un H45 Advance, valorado en 3.995 euros; o segundo premio será un H45 Compact HD (3.000 euros), e o terceiro premio consistirá nun H45 Compact (2.550 euros). Asemade, segundo veñen de anunciar os responsables da iniciativa, os“1.000 primeiros informes validados que cheguen a Televes serán premiados cunha antena DAT HD” Esta iniciativa, que reafirma o compromiso de Televes de estar permanentemente ao lado dos profesionais da instalación, ofrecéndolles a mellor tecnoloxía e o soporte técnico necesario para xestionala, forma parte da campaña mundial de lanzamento da nova DAT HD, que se presentou en primicia na feira ANGA Cable (Colonia, Alemaña, 26-28 de maio).
A antena DAT HD foi desenvolvida tendo en conta as características particulares do sinal dixital, para aproveitar todo o seu potencial e garantir a recepción en óptimas condicións da televisión dixital terrestre e todos os seus servizos embebidos, como a televisión de alta definición (HDTV). O elemento que converte a DAT HD nunha antena “verdadeiramente revolucionaria” é o BOSS Tech (Balanced Output Signal System), unha tecnoloxía desenvolvida e patentada por Televes que permite regular de xeito automático o nivel do sinal de saída. Deste modo, a DAT HD convérsese, segundo afirmaron dende a empresa, “nunha auténtica antena intelixente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?