Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega CommCenter adquire a empresa Telered Comunicaciones
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega CommCenter adquire a empresa Telered Comunicaciones

Raquel Noya
Publicado: 09/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20090909_CommCenter.jpgO grupo galego CommCenter, no marco do seu plan de adquisición de novas sociedades, vén de asinar a compra de Telered Comunicaciones, distribuidor oficial de Telefónica con presenza en Galicia e Madrid, que reforza o seu liderado no territorio galego e nacional.
Segundo afirman os seus responsables, o grupo CommCenter “é o primeiro distribuidor nacional de telecomunicacións de capital independente (non vinculado a grandes empresas investidoras, como pode ser a propia Telefónica) que opera en todo o territorio nacional”, que conta na actualizado cun total de 104 puntos de venda e 70 comerciais de comunicacións de empresa. Pola súa banda, Telered dispón de doce tendas distribuídas polas cidades de Vigo, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo e Madrid e unha rede de comerciais de comunicacións de empresa que operan neses mesmos territorios.
Logo da adquisición de Telered, CommCenter acada un total de 36 puntos de venda a 20 comerciais en Galicia, ampliando aínda máis, se cabe, a súa cobertura e dimensión empresarial na xeografía galega.
A compra de Telered enmárcase no plan de crecemento estratéxico do grupo galego CommCenter que prevé duplicar a súa rede comercial nun prazo non superior a dous anos. En palabras do seu presidente, José Luis Otero Barros, “CommCenter dá un paso máis no desenvolvemento dun proxecto empresarial no que é fundamental a complicidade co meu socio Juan Antonio Osaba”.
“Á exitosa saída dos nosos mercados de orixe con aperturas noutras Comunidades sumado á profesionalización da estrutura central e comercial da compañía e á fusión das sociedades participantes esquecendo os localismos”, continúa, “súmase agora a adquisición de novas sociedades que, no seu conxunto, fan que o presente de CommCenter nos permita falar dunha compañía importante na dimensión comercial e de carteira de clientes e, á vez, cun futuro máis ambicioso en perspectiva”.
En virtude do acordo de adquisición, o grupo CommCenter manterá o cadro de persoal de Telered na súa totalidade e está a estudar a necesidade de abrir novas contratacións para asegurar os seus fins comerciais e garantir o compromiso do grupo coa excelencia na atención ao cliente. A integración da rede de puntos de venda e comerciais de Telered farase inmediatamente, mentres que a integración operativa da mesma, produciráse de maneira paulatina ata completarse no último trimestre deste ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?