Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica estrea a súa tenda de aplicacións, mstore
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica estrea a súa tenda de aplicacións, mstore

Raquel Noya
Publicado: 09/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mstore.jpgA operadora nacional Telefónica, considerada na actualidade como líder do mercado no desenvolvemento de servizos de música, videoxogos e aplicacións da Terceira Xeración móbil, vén de afianzarse neste posto privilexiado ao anunciar o lanzamento de mstore, un servizo con máis de mil aplicacións no seu catálogo que estará aberto a todo tipo de clientes, a través dunha experiencia “axil, directa e optimizada” ás capacidades e posibilidades de calquera tipo de terminal dos principais fabricantes.
A nova tenda forma parte dun proxecto global que nun futuro chegará aos máis de 200 millóns de clientes móbiles que Telefónica ten en todo o mundo, aínda que nesta primeira fase será un lanzamento local do que se poderán beneficiar case 10 millóns de clientes de Movistar en España, e que nas próximas semanas superarán os 12 millóns.
Para Guillermo Ansaldo, presidente de Telefónica España, mstore forma parte da estratexia de Telefónica de achegar a banda ancha móbil aos seus clientes, “complementando o valor das tarifas planas de datos e facilitándolle ao cliente un rápido acceso a un novo mundo de aplicacións de entretemento, lifestyle e utilidades”.
Asemade, con este servizo, a operadora facilítalle á comunidade internacional de desenvolvedores, unha canle e un escaparate de primeiro nivel para chegar ao cliente final, independentemente do seu tipo de terminal.
No momento do seu lanzamento a tenda conta con máis de mil aplicacións, clasificadas en 14 categorías, entre as que destacan os Xogos, os Dicionarios, o Entretemento, as Finanzas, a Saúde, os GPS-Mapas, a Información e as Redes Sociais.
Esta ferramenta, á que se accede dende a páxina de emoción a través do móbil e dende o PC a través da web oficial de Movistar, tamén inclúe tradutores de distintos idiomas, unha gran variedade de asistentes de viaxes con mapas de metro de cidades e horarios de voos, aplicacións con toda a actualidade ao momento e as series de televisión máis vistas do momento.
Asemade, o servizo complétase, entre outras cousas, con aplicacións para o control de gastos, envío de notas, xestión de albums de fotos, receitas de cociña, trucos de maxia ou test de personalidade.
Para descargar estes e outros contidos, o usuarios tan só precisa facer “click” dende o seu terminal e nese momento xa lle aparece no móbil o novo icono que serve de acceso directo á aplicación descargada.
O prezo pola descarga destes contidos varía entre os 0,49 euros e os 19,99 euros (IVA non incluído), sen esquecer que máis de un 10 por cento son de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?