Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os enxeñeiros de telecomunicación galegos premian a mellor tese doutoral no sector das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os enxeñeiros de telecomunicación galegos premian a mellor tese doutoral no sector das TIC

Raquel Noya
Publicado: 10/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coetg.jpgA Asociación de enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), co obxectivo de promover a realización de investigacións como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que traballan en torno á difusión das TIC, vén de convocar o premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), que está dotado con 2.000 euros.
O galardón, que conta co patrocinio da Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), vaise entregar no marco da XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos profesionais e das empresas do sector das Telecomunicacións, que terá lugar o vindeiro venres, 6 de novembro, no Gran Hotel da Toxa, en Pontevedra.
A este premio poderán concorrer aquelas persoas que teñan defendido a súa tese nalgunha das tres universidades galegas durante os anos 2008 e 2009 e que poida encadrarse nalgunha das seguintes áreas: transferencia tecnolóxica (patentes, licencias), orientación ao negocio ou carácter social.
As persoas interesadas en particpar, deberán enviar unha ficha resumo da súa tese así como unha reseña da mesma indicando as razóns polas que cren que debe ser premiada, ao enderezo: administracion@coetg.es ou aetg@aetg.org, indicando no asunto “Premio Gradiant”.
O prazo de recepción das memorias rematará o vindeiro día 5 de outubro.
Na imaxe, (de esquerda a dereita) o Secretario do COETG-AETG, Ramón María Lois Santos; o Vicedecano-Vicepresidente do COETG-AETG, Miguel Merino Gil; e o Tesoureiro do COETG-AETG, Fernando Cendán Garrote, durante a Asemblea-Xunta Xeral Ordinaria celebrada en Santiago de Compostela a comezos de ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?