Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As apostas por Internet estarán sometidas a control, segundo a UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As apostas por Internet estarán sometidas a control, segundo a UE

Raquel Noya
Publicado: 11/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

loteria_online.jpgSegundo o último informe da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), os xogos de azar e apostas por Internet ocuparon o quinto posto no ranking de actividades económicas con maior peso no volume de ingresos xerados polo comercio económico en España durante o primeiro semestre de 2009, cun 6,7 por cento dos 1.239,2 millóns de euros que xerou este tipo de comercio.
Isto é debido, en parte a que o panorama do xogo en España cambiou moito nos últimos anos, pasando dunha situación na que os únicos operadores que ofrecían xogos era o ente público e a ONCE, ao contexto actual, no que existen gran cantidade de empresas de outros países europeos que operan en España mediante páxinas web ou casas de apostas autorizadas polas comunidades autónomas que non están sometidas a ningún tipo de control tributario.
Por outra banda, estas empresas que ofrecen apostas para case todo, dende deportivas, ata prognósticos sobre eleccións políticas ou carreiras de fórmula 1, ofrecen moita maior inmediatez e actividade que as empresas de loterías tradicionais polo que resultan moito máis atractivas para as persoas afeccionadas aos xogos de azar.
Agora ben, os tempos nos que as apostas pola Rede se podían facer sen máis control que o do propio usuario chegaron á súa fin, xa que o Tribunal de Xustiza Europeo vai comezar a esixir que se integren nos monopolios estatais do xogo e que, en poucas palabras, éstes paguen impostos.
Os españois, segundo datos recentes, xóganse 4.500 millóns de euros en apostas a través da Rede cada ano, unha desorbitada cantidade que nos leva a ocupar o terceiro posto da UE nas apostas no xogo, por detrás de Alemaña e Grecia. De estar reguladas esas apostas, tal e como vén de suxerir o Tribunal de Xustiza Europeo, “o Estado español ingresaría uns 650 millóns de euros ao ano”, cantidade que viría como anel ao dedo para rachar un pouco coa crise que nos está a afectar.
A Asociación Europea de Lotarías do Estado considera que o ditame do Tribunal de Xustiza Europeo (TJE) supón unha “gran vitoria na súa batalla” para garantir o dominio das súas actividades e poder ofrecer xogos de azar a través de Internet, unha medida que está “xustificada” para loitar contra a fraude.
Segundo a corte europea, os países da Unión Europea poderán restrinxir a posibilidade de ofrecer servizos de apostas e xogos sempre que consideren que vai en contra do interese público. Tras o recurso presentado por Bwin unha empresa con sede en Xibraltar contra Lotarías e Apostas do Estado de Portugal, o tribunal ditaminou que a prohibición de operadores de xogos e apostas por Internet como Bwin estaría xustificada para combater posibles actividades delituosas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?