
Porén hoxe anunciamos con satisfacción que a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, vai por en marcha o Plan director de banda larga de Galicia, a partir de comezos do vindeiro ano, que terá en conta as demandas das empresas, do sector público e da sociedade do país en xeral.
A secretaria xeral, Mar Pereira, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, da Consellaría de Medio Rural, Antonio Crespo, presentou hoxe mesmo os criterios que rexerán a elaboración deste Plan, que terá lugar no derradeiro trimestre do ano, e no que a Xunta investirá un total de 102 millóns de euros ata o ano 2013.

Asemade, o proxecto permitirá asegurar a vertebración dixital do noso territorio como elemento compensador de desequilibrios, extraer o máximo proveito ás posibilidades das novas tecnoloxías como dinamizadoras económicas e xeradoras de competitividade e impulsar a modernización da administración pública autonómica e local.
Mar Pereira explicou que a elaboración do Plan director incluirá unha compilación das infraestruturas existentes, tanto civís como de telecomunicacións, así como da demanda, co obxectivo de realizar unha análise comparativa. O Plan contemplará tamén os diferentes factores de contorno que poidan condicionar as políticas de telecomunicacións da Xunta, e a elaboración dun plan de prioridades.
Asemade, a Secretaría de Modernización buscará a transversalidade e considerará toda a demanda de banda larga existente en Galicia baixo a triple óptica dos sectores público, empresarial e cidadán.
Neste sentido, Mar Pereira asegurou que no sector público se terá en conta a demanda de todas as consellerías da Xunta de Galicia, ademais dos das entidades vinculadas a elas, así como as deputacións, concellos e outros organismos de ámbito local ou provincial. No sector empresarial, considéranse todos os elementos demandantes como os polígonos empresariais, as cooperativas, os centros e parques tecnolóxicos, as cámaras de comercio, as confederacións de empresarios, os servizos financeiros, de transporte…. Por último, no sector residencial ou cidadán, analizarase a demanda para cada entidade de poboación dos máis de 30.000 núcleos existentes en Galicia co obxectivo de que o Plan director facilite a inclusión social e diminúa a fenda dixital, especialmente nas zonas rurais. Segundo explicou a secretaría xeral, este traballo de compilación dará lugar a un mapa de telecomunicacións no que se recollerá a demanda potencial e as infraestruturas existentes en Galicia.
Mar Pereira destacou, asemade, que a Secretaría que representa, contemplará todas as infraestruturas, tanto a nivel civil como de telecomunicacións existentes en Galicia, xa sexan de carácter público ou privado, “co obxectivo de conseguir coordinación e eficiencia no futuro despregamento da banda larga”.
Modernización anuncia a execución do Plan director de banda larga en Galicia para comezos de 2010
Compartir Este Artigo

