
A Secretaría Xeral de Medios, pon en marcha esta exposición itinerante que ten como obxectivo achegar a todos os galegos o audiovisual e os multimedia realizados por empresas e universidades galegas, e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais.
A mostra, unha converxencia entre arte e tecnoloxía, está pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, tocando e experimentando todo, o que fai que sexa de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades, e así o demostra o gran éxito que está a acadar nas localidades que a acollen.
O visitante somérxese nun mundo dixital a través de proxeccións e xogos en 3 dimensións como por exemplo as Cidades do Camiño (visualización de imaxes panorámicas de 360º de cidades por onde discorren os diversos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela) ou Aerodeslizadores por Compostela (descenso virtual pola zona histórica de Compostela). Tamén pode interactuarse con Axóuxere, un canciño robotizado que fala galego. En modo automático o can atende a comandos de voz para que xogue coa súa pelota. E así ata oito contidos diferentes que permiten ao visitante gozar dunha experiencia nova e divertida.

A exposición itinerante Galiciadixital estará en Teo ata o domingo
Compartir Este Artigo
