O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), departamento que depende da Consellaría de Economía e Industria e que dirixe Javier Guerra, vén de coñecer de primeira man o labor da compañía tecnolóxica galega máis importante do panorama actual, Blu:sens, en prol das novas tecnoloxías, a cal, a través de Blusens Technology proponse agora afondar na súa expansión nacional e internacional mantendo a firme aposta pola I+D para poder ofrecer produtos diferenciados a prezos competitivos.
Esta entidade pública, a fin de apoiar o desenvolvemento do plan de negocio de Blu:sens, vaille conceder á compañía un aval por importe máximo de 7,8 millóns de euros en garantía dun 60 por cento do principal dun préstamo de 13 millóns de euros, a conceder por varias entidades financeiras e destinado a financioar o devandito plan.
Esta operación, que vén de ser aprobada polo consello de dirección do Igape, vaille permitir á empresa asentada en Comopstela, dispor de maior capacidade de circulante para desenvolver os seus proxectos de expansión nacional e internacional, así como diversificar a súa actual producción mediante o lanzamento de novos produtos nos eidos da electrónica profesional, da televisión de pago ou os vinculados ao denominado como fogar conectado.
Á marxe do financiamento de novo circulante para afianzar o crecemento internacional da firma, o plan de negocio de Blu:sens contempla, segundo afirman os seus representantes, “novos investimentos por importe dun millón de euros na automatización da liña de ensamblado de televisores LCD en Santiago de Compostela”.
O plan de negocio que será apoiado pola Xunta de Galicia contempla tamén a substitución de parte do financiamento da empresa a curto prazo por financiamento a longo prazo, co que se reforzará o equilibrio da estrutura financeira para que Blu:sens poida seguir afrontando os importantes investimentos en I+D, marketing e expansión internacional que precisa para seguir medrando ao ritmo actual e duplique a súa facturación no prazo de dous anos.
Este investimento suporá, para a compañía fundada por José Ramón García e José Miguel Silva no ano 200, un incremento da plantilla aproximadamente en 20 persoas. Unha plantilla que na actualidade está integrada xa por 140 traballadores.
Igape apoia o labor de Blu:sens concedéndolle un aval por preto de 8 millóns de euros
Compartir Este Artigo

