Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft prevé vender 200 millóns de Windows 7 en tan só un ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft prevé vender 200 millóns de Windows 7 en tan só un ano

Raquel Noya
Publicado: 23/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Windows_7.jpgA presidenta de Microsoft Ibérica, María Garaña, que onte aproveitou a inauguración de SIMO para presentar en España o novo sistema operativo da multinacional que representa, o Windows 7, vén de declarar, cando aínda falta un mes para que esta ferramenta saia ao mercado doméstico, que “espera vender 200 millóns de licenzas deste software ata finais de 2010, das cales, 50 millóns seráns distribuídas en Europa”.
Este novo sistema operativo, que aseguran, “ábrese en menos de 20 segundos e aforra enerxía como ningún dos seus antecesores”, pode empregarse cos dedos en ordenadores táctiles, sen necesidade de rato, e é compatible con máis de 80.000 dispositivos.
A presidenta de Microsoft Ibérica destacou que o gran problema que tivo o sistema operativo anterior, o Windows Vista, do que se venderon en tres anos preto de 180 millóns de copias, “é que só era compatible con 12.000 dispositivos”, un atranco que o novo sucesor solventa sobradamente.
María Garaña, que fixo a presentación con Luis Martín, director da división de Windows, destacou como unha das principais características do sistema, “a súa facilidade de uso”, posto que permite, entre outras cousas, manter activas ata 50 ventás á vez e cortar e pegar texto ou fotografías situando dúas ventás na pantalla simultáneamente.
Asemade, ámbolos dous representantes explicaron que Windows 7 incorpora algunhas das posibilidades da mesa táctil de Microsoft (Surface), o que permite ampregar os ordenadores con pantalla táctil co dedo, e moverse dentro dos mapas coa mesma facilidade que coa Surface.
Garaña tamén sinalou as posibilidades que ofrece esta ferramenta para as empresas, un sector no que xa está a comercializarse dende o pasado día 1 de setembro, xa que dende Windows 7, asegurou, “pódese encriptar a información doutros dispositivos, como os USB, e traballar dende o propio fogar accedendo ao intranet da empresa con total seguridade”.
Ademais, aseguran, consume moi pouco, o que se traduce nun aforro en batería e en maior vida para os ordenadores. Trátase dun sistema que se vai instalar nos grandes ordenadores, pero tamén nos ultraportátiles que ata agora levaban o sistema operativo XP, o que suporá, dixo Garaña, “que haberá ordenadores por menos de 500 euros que se poderán manexar cos dedos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?