Os clientes da operadora de telefonía Yoigo, que nos seus comezos en España se daba a coñecer como “de baixo custe”, e que agora está a seguir a mesma liña de outras compañías de telefonía que non teñen reparo en subir as súas tarifas cada vez que detectan unha lixeira baixada dos beneficios, xa non terán que acudir fisicamente a ningunha tenda ou caixeiro para recargar os seus terminais de tarxeta, xa que poderán facelo por Internet, a través da páxina oficial da compañía.
Yoigo ofrece este servizo dende hoxe a través de dúas modalidades de recarga: Recarga Web, que non precisa de rexistro do usuario, e Recarga Directa, que precisa que o usuario se rexistre.
Con Recarga Web calquera usuario poderá realizar unha recarga sen máis requisitos que ter unha tarxeta Yoigo, e con Recarga Directa poderanse realizar recargas máis rapidamente, programalas automaticamente, realizar un seguimento das mesmas…
Asemade, con este novo servizo, os clientes da compañía telefónica poderán recargar as súas tarxetas dende o estranxeiro, tan só conectándose a Internet dende calquera PC e seguindo as instruccións axeitadamente.
Este novo servizo de recargas de Yoigo súmase ao resto de posibilidades que a compañía viña ofrecento ata o de agora, entre as que destacan a posibilidade de recargar en Caixeiros, en Tendas Yoigo, en estancos, vidoclubes, locutorios e gasolineiras ou mesmo en Correos.
Yoigo permite, dende hoxe, recargar as tarxetas prepago por Internet
Compartir Este Artigo

