Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google estrea unha aplicación para engadirlle comentarios ás webs visitadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google estrea unha aplicación para engadirlle comentarios ás webs visitadas

Raquel Noya
Publicado: 24/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sidewiki_screenshot.jpgO xigante americano Google, sabedor de que as grandes vantaxes da Rede radican basicamente na posibilidade de poder compartir coñecementos e experiencias con outros internautas (daí o grande éxito que están a ter na actualidade as redes sociais), vén de lanzar a Sidewiki, unha ferramenta que lle permite aos usuarios e usuarias facer comentarios ou dar opinións e información adicional mentres visitan un sitio web, e compartilos con outros internautas.
Para acceder a esta nova ferramenta, a persoa interesada tan só terá que facer click no botón correspondente na barra e, ao instante, despregarase na marxe esquerda da páxina un espazo sobre o que se poderá redactar aquela infomación que se pretenda compartir co resto de internautas.
Estes comentarios e opinión son públicos para todos aqueles usuarios e usuarias que teñan instalada a barra Google, e permiten enriquecer o contido das páxinas, aportando información adicional, que dependendo de quen veña poderá ser máis ou menos seria e fiable.
Segundo informou o director de Xestión de Produtos de Google, Tom Stocky, “moitos daqueles que visitan unha web teñen coñecementos, opinións ou experiencias que poderán mellorar moito as visitas que fagan no futuro outras persoas a esa mesma web”; “ao engadir un elemento interactivo á visualización dunha páxina web”, continúa, “Sidewiki permite incrementar o intercambio de información en liña e mellorar a experiencia xeral da xente en Internet”.
As entradas feitas a través desta ferramenta tamén se poden compartir en Facebook ou Twitter, ademais de enviar a ligazón directamente por correo electrónico.
Por poñer un exemplo da utilidade desta ferramenta, a propia compañía achegou o seguinte: “se estás a ver unha páxina da Wikipedia sobre Rajmáninov e ti publicaches un vídeo no que saes tocando o preludio deste compositor, xa podes insertalo de xeito doado nunha anotación de Sidewiki para que outros internatuas o vexan”.
Este non creo que sexa o caso de ningún internauta coñecido noso, pero se hai algo que sobre na Rede, iso son usuarios con ganas de saltar á fama a calquera prezo… o tempo dirá se a utilidade da ferramenta radica en complementar as webs con información ou, pola contra, en entorpecer a lectura dos usuarios con insercións de contidos absurdos e sen xeito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?