Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA faise co Itanium Innovation Awards polas súas aplicacións de computación intensiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA faise co Itanium Innovation Awards polas súas aplicacións de computación intensiva

Raquel Noya
Publicado: 28/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Cesga-2.jpgO equipo CESGA-UNEX-UVIGO, composto por investigadores da Universidade de Vigo, da Universidade de Extremadura e do CESGA, resultou gañador do Itanium Innovation Awards 09, na categoría de Aplicacións de Computación Intensiva, un concurso que concede a Itanium Solutions Alliance como recoñecemento polo uso extraordinario de supercomputadores equipados con procesadores Intel Itanium.
Os premios entregáronse esta semana nunha cerimonia celebrada no Museo de Arte Contemporáneo de San Francisco, en California e ademais da categoría de computación intensiva, recoñeceron a excelencia de traballos de supercomputación realizados en sistemas baseados en Itanium noutras dúas categorías: a Mission-Critical Data, e a Center Modernization.
Os criterios de selección dos traballos presentados, chegados dende 14 países distintos pertencentes aos 5 continentes, baseouse fundamentalmente na dificultade do reto computacional presentado, os resultados producidos e a orixinalidade da proposta.
En concreto, a categoría na que o equipo CESGA-UNEX-UVIGO resultou gañador, recoñece a organizacións que empregaron os seus sistemas baseados en Itanium para facer fronte a enormes e críticas cargas de computación que demandan un alto rendemento constante e recursos compartidos escalables.
O xurado, composto por destacados membros da industria como o Dr. Barry Hief, director científico de Global Patent Identifiers, Sverre Jarp, director de tecnoloxía do CERN Openlab, ou Michelle Pierce, xefe de produto de Mainframe Migration Alliance de Microsoft, considerou ao equipo do CESGA merecedor do premio “polo uso feito do supercomputador Finis Terrae para analizar problemas de computación electromagnética masivos”; o máis grande con máis de 500 millóns de incógnitas, con aplicacións de interese para a mellora do deseño industrial. O CESGA empregou os servidores HP Integrity, equipados con 1.024 procesadores Itanium en paralelo e 6 TB de memoria, para conseguir unha solución que é primeira na súa clase e que lle valeu este galardón, entre outros.
O equipo está composto polos investigadores Fernando Obelleiro e José Luis Rodríguez da Universidade de Vigo e por Luis Landesa e José Manuel Taboada da Universidad de Extremadura, os cales traballan de forma coordinada dende hai anos para, entre outros, a Armada e a empresa Navantia desenvolvendo sistemas que permiten abordar estudos de compatibilidade electromagnética, co obxectivo de detectar interferencias entre antenas, predicir niveis de radiación perigosa, estudar a súa superficie equivalente radar…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?