Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 10 persoas con discapacidade intelectual fórmanse en novas tecnoloxías na capital galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

10 persoas con discapacidade intelectual fórmanse en novas tecnoloxías na capital galega

Raquel Noya
Publicado: 29/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fademga.jpgFademga Feaps Galicia, a Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual do noso país, que conta na actualidade con máis de 40 entidades galegas federadas para prestarlle servizo a un total de 4745 persoas con discapacidade intelectual, vén de anunciar que dende o pasado luns, e ata o vindeiro mércores 30 de setembro, está a formar a un total de 10 persoas deste colectivo, en Internet e informática, dúas ferramentas óptimas para mellorar a autonomía dos alumnos, así como a súa capacitación para o mercado laboral.
Esta acción formativa, que se está a desenvolver en Santiago de Compostela estes días, consta de dous cursos, un de informática básica e outro de iniciación a Internet, impartidos de xeito consecutivo para optimizar a comprensión de conceptos. Cada un deles ten unha duración de 12 horas, dedicadas a impartir contidos eminentemente prácticos, para que os alumnos inscritos poidan traballar de primeira man, as técnicas explicadas polos formadores.
Esta acción formativa ten como principais obxectivos adquirir una visión xeral sobre Internet e os ordenadores conectados á Rede e coñecer os principais servizos que ofrece a mesma, tales como a World Wide Web, o correo electrónico, os FTP, os servizos de novas, blogs…
Os cursos tamén buscan que os usuarios aprendar as operacións habituais para o manexo do navegador e realicen con éxito accións tan habituais para os internautas como son enviar e recibir mensaxes de correo electrónico, buscar información empregando buscadores ou traballar cos vínculos contidos nas webs, entre outras cousas.
Asemade, no tocante á parte física do ordenador, os asistentes a esta acción formativa, tamén aprenderán a traballar cos periféricos de entrada básicos, tales como o rato ou o teclado, e a usar a impresora ou o escáner.
Os responsables de Fademga encargados da formación en novas tecnoloxías das persoas con discapacidade intelectual pertencentes á federación, aseguran que a informática, como ferramenta fundamental na sociedade actual, vaille servir a este colectivo tanto para a súa socialización como para a búsqueda de emprego ou desempeño do mesmo en igualdade de condicións. Por iso, para que as persoas con discapacidade intelectual non queden excluídas da sociedade do coñecemento, afirman, “é necesario que adquiran as suficientes competencias que garantan un dominio mínimo das novas tecnoloxías, que permita o seu desenvolvemento social e persoal e mellore a súa integración efectiva na sociedade actual”. Por este motivo, a federación decidiu programar esta actividade, que será levada a cabo por técnicos da mesma, e que se verá ampliada noutras localidades galegas, polo éxito da convocatoria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?