Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocada a I edición dos Premios Gradiant, que recoñecen a mellor tese doutoral aplicada ao sector das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocada a I edición dos Premios Gradiant, que recoñecen a mellor tese doutoral aplicada ao sector das TIC

Raquel Noya
Publicado: 01/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Tesis_doctoral.jpgNo marco da décimo-cuarta edición da Noite Galega das Telecomunicacións, que terá lugar o vindeiro venres 6 de novembro non paradisiaca Illa da Toxa, un lugar onde xa vén sendo habitual a celebración desta gala, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), van facer entrega dos premios Gradiant, que as devanditas entidades, en colaboración coa Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia outorgan á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2009.
Este Premio, que ten como principal obxectivo recoñecer a excelencia dunha tese de doutoramento aplicada ao sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), convócase por primeira vez este ano, e está dotado con 2000 euros.
Aproveitando que a Illa da Toxa se convertirá por unha noite nun punto de encontro único e inigualable dos profesionais das telecomunicacións, das novas tecnoloxías da comunicación e da sociedade da información, a concesión deste premio supón unha excelente tarxeta de presentación para o galardoado ou galardoada, que poderá codearse coas personalidades máis destacadas deste eido, e incluso chegar a algún acordo de colaboración a medio e longo prazo nalgunha das entidades alí presentes.
Á hora de conceder o galardón, o xurado valorará sobre todo, a transferencia de coñecemento ao sector das TIC, xustificada de maneira obxectiva mediante patentes, licenzas ou a través de diferentes contribucións demostrables a produtos ou servizos.
Coa concesión deste premio, os seus organizadores pretenden fomentar a realización de teses de doutoramento “como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese de doutoramento neste eido”.
A convocatoria do premio, cuxo prazo de recepción de memorias remata o vindeiro 5 de outubro, está aberta a todas aquelas persoas que teñan defendido a súa tese nalgunha das tres universidades galegas durante os anos 2008 e 2009.
Nas bases da convocatoria (arquivo en formato PDF) está dispoñible máis información sobre o procedemento para presentar as candidaturas ao premio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?