Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Forum anual de Microsoft, deixa un clima de esperanza entre os asistentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Forum anual de Microsoft, deixa un clima de esperanza entre os asistentes

Raquel Noya
Publicado: 05/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

microsoft-3.jpgBaixo o lema, Innovación: a mellor resposta e reto actual, Microsoft vén de celebrar, por decimoquinto ano consecutivo, o seu Forum anual para Grandes Organizacións e Sector público, que nesta ocasión tivo lugar en Tenerife.
Neste evento, caracterizado por ser o punto de encontro máis importante entre Microsoft e as grandes entidades privadas e públicas do noso país, déronse cita máis de 160 representantes de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións das maiores empresas españolas de distintos sectores, como Industria, Banca e Seguros ou Telecomunicacións así como dos principais clientes da compañía da Administración Pública en España.
Paulino Rivero Baute, presidente do Goberno de Canarias, foi o encargado de inaugurar o devandito Forum, no cal, durante os tres días de duración, a compañía mostrou a “destacada oleada de innovación tecnolóxica, formada por toda unha gama de produtos TIC renovados e de vangarda, que pon a disposición das grandes corporacións e entidades públicas para axudarlle a mellorar a súa produtividade, competitividade e liderato para afrontar”, aseguran, “a actual coxuntura económica como unha oportunidade de negocio”.
Entre outras cousas, os asistentes tiveron a oportunidade de compartir, nun entorno de debate, experiencias de éxito sobre proxectos nacionais desenvolvidos con tecnoloxías Microsoft, co equipo directivo da filial, liderado pola presidenta María Garaña, Alberto Granados, director da división de Grandes Organizacións e Partners de Microsoft Ibérica, Joaquín Potel, director do Sector Público de Microsoft Ibérica e os demais directores da compañía dos sectores de Telecomunicacións, Banca e Industria.
Este evento, foi escollido por Microsoft para compartir cos seus clientes e partners os resultados financieiros que a compañía obtivo nas divisións de Grandes Organizacións e Partners durante o pasado ano fiscal, así como para seguir mostrándolle á Administración Pública o seu apoio e papel de socio estratéxico na introducción das TIC máis avanzadas ao entorno público.
En palabras da presidenta, María Garaña: “Microsoft está poñendo a disposición das grandes organizacións e das Administracións Públicas a oferta tecnolóxica máis avanzada do mercado, a maior onda de innovación coa chegada de Windows 7, Windows Server 2008 R2 e Exchange 2010″. “Os novos produtos de Microsoft”, engadiu, “axudarán ás compañías a acceder a un novo concepto de tecnoloxía denominado A Nova Eficiencia: un novo xeito de pensar nas tecnoloxías da información”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?