Esta semana o alcalde de Cerdedo, José Balseiros, anunciou que a cobertura da Televisión Dixital Terrestre da súa vila está garantida de cara ao apagamento analóxico, tras moitos atrancos, en boa medida porque «non quedaba clara a área técnica de emisión na que encadrábase o noso concello», segundo comentou o edil tras unha xuntanza co secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, na que trataron estes temas.
Balseiros asegurou que antes de rematar o ano o 70% dos seus veciños poderán recibir o sinal de TDT con calidade, mentres que no mes de abril de 2010 será preto do 97% dos habitantes os que poderán gozar de boa cobertura de TDT, mentres que nos restantes casos deberán recorrer a pequenos repetidores e ás comunicacións por satélite para gozar do servizo de televisión tras superar o apagamento analóxico.
Pero mentres os problemas de Cercedo van camiño de solucionarse, en O Carballiño a cousa está máis complicada, e o Concello instou á Xunta a buscar unha solución á súa situación, xa que detectaron que numerosas zonas da vila teñen problemas de recepción da TDT que achacan aos parques eólicos do monte de A Medela, o que podería solucionarse recolocando os emisores de televisión, traballo que aínda non foi realizado.
A cobertura da TDT mellórase progresivamente nas vilas galegas
Compartir Este Artigo
