Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole conta dende hoxe cun novo Centro de Investigación especializado en I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole conta dende hoxe cun novo Centro de Investigación especializado en I+D+i

Raquel Noya
Publicado: 09/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Citi_tecnopole.jpgO Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, achegouse esta mesma mañá ata Ourense, para inaugurar o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), da Universidade de Vigo, un novo espazo de máis de 3.000 metros cadrados, que se sitúa no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) e que ten como principal obxectivo desenvolver tarefas de investigación, así como fomentar a transferencia de coñecementos en I+D+i. Durante a inauguración Vázquez Abad dixo que o recén inaugurado CITI ”sitúa ás institucións académicas ourensás nun lugar sobranceiro e vangardista do Sistema Universitario de Galicia considerado no seu conxunto”, ao tempo que recordou a importancia que ten o centro porque “as tarefas de investigación que desenvolve contan coa garantía da súa eficacia, á hora da creación de espazos de cooperación entre a Universidade e o tecido empresarial máis comprometido co progreso e o benestar da nosa sociedade”.
Asemade, afirmou que “esta Galicia ten ante sí un horizonte inzado de oportunidades” e incidiu na necesidade de investir en investigación para activar a nosa economía.
O CITI ten como obxectivo ser un espazo no que potenciar e desenvolver a I+D+i nas empresas, creando un intercambio de coñecementos entre a universidade e as industrias nos ámbitos agroalimentairo, biotecnoloxía, enerxía, medio ambiente e tecnoloxías da Información. Todo isto co obxectivo final de construír novas empresas a partir da transmisión de coñecementos.
Os cinco edificios que compoñen o CITI supuxeron un investimento de 3.545.653 euros. O espazo está composto por catro módulos conectados cunha pasarela, que albergan laboratorios e plantas técnicas. Ademais dispón dunha Planta Piloto e outros espazos como unha sala escura para proxectos de realidade virtual, un animalario e dependencias de uso común como as plantas técnicas, salas de refrixeración e conxelación, cafetería e almacéns.
O CITI albergará doce grupos de investigación dos que, neste momento xa están a traballar oito, que desenvolven o seu labor nos laboratorios de Biotecnoloxía Agroalimentaria, Bioquímica, Enxeñería Química, Física aplicada, Física da atmósfera e do océano, Microbioloxía, Toxicoloxía e Seguridade Alimentaria e Medioambiental, Valorización de Biomasa, Informática Aplicada, Informática gráfica e multimedia, Sistema informáticos de nova xeración e Web de Axentes Intelixentes. Xunto aos grupos de investigación estará a Oficina de Proxectos de I+D+i do campus de Ourense. Todos os que traballen no CITI contarán coa posibilidade de potenciar a súa proxección profesional, a mesma que lles permitira captar recursos externos. Se logran captar eses recursos poderase mellorar o nivel científico do centro e lograr ingresos cos que manter as infraestruturas recen inauguraradas.
Na imaxe, unha recreación virtual do CITI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?