Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Publicada a última Enquisa ás empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Publicada a última Enquisa ás empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia

Raquel Noya
Publicado: 13/10/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

empresas_tic.jpgO Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI), co obxectivo de analizar a situación e a evolución das empresas das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) na nosa Comunidade, ven de publicar a última Enquisa ás empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia 2008, que conta co maior número de indicadores sobre a implantación das novas tecnoloxías no tecido empresarial TIC do noso país e que foi realizada sobre 330 empresas do sector das TIC en Galicia.
Entre as principais conclusións deste estudo, o OGSI destaca, entre outras cousas, “a evolución positiva das cifras de negocio do sector das TIC en Galicia, a súa capacidade para xerar emprego cualificado e o nivel de innovación tecnolóxica acadado,así como as previsións de expansión do mercado TIC galego”.
O OGSI, dependente da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, permite, co seu labor, un mellor coñecemento da realidade do sector TIC, monitorizando a súa evolución e dando a coñecer a situación actual e previsible a corto e longo prazo.
O devandito estudo destaca, asemade, a posición estratéxica do sector TIC pola súa contribución á economía de Galicia así como pola súa capacidade de xeración de emprego. A cifra media de negocio das empresas TIC con todos os seus establecementos en Galicia, correspondente ao ano 2007 (últimas cifras dispoñibles cando se procedeu á recollida de datos), ascendeu a 2.373.111,8 euros, o que supón un incremento constante do volume de negocio deste sector, quedando agora por riba dos 2.500 millóns de euros. O volume de negocio das empresas TIC segue procedendo maioritariamente da súa actividade no mercado galego e este está orientado maioritariamente aos servizos. O desenvolvemento de produtos software constitúe a actividade principal para o 49,3 por cento das empresas do sector TIC, seguido dos servizos de software (44,9 por cento) e de consultaría (41,5 por cento) e, tras deles, os servizos de mantemento e outsourcing e a venda e instalación de hardware.
O informe tamén salienta a importante presenza de titulados universitarios no cadro de persoal das empresas TIC, e revela que aínda existen importantes diferenzas segundo o xénero, só tres de cada dez empregados no sector TIC son mulleres, se ben no último ano a súa presenza no sector experimentou un crecemento de 3,4 puntos porcentuais.
A formación nas empresas TIC é un factor chave de cualificación e competitividade, por iso, un 48,5 por cento das empresas facilitaron formación TIC ao seu persoal no último ano. Nestas empresas, un 61,5 por cento dos seus empregados/as asistiu ás actividades formativas relacionadas coas TIC.

Equipamento e servizos TIC
O estudo do OGSI afirma que o equipamento TIC está amplamente estendido entre as empresas do sector, reiterando os resultados ano anterior. Un 75 por cento das empresas galegas do sector dispón de rede de área local sen fíos (WAN), 4,9 puntos porcentuais máis ca no ano 2007, e esta proporción ascende ata o 90,8 por cento cando se trata da rede de área local convencional (LAN).
A práctica totalidade das empresas TIC dispón de conexión a Internet a través de banda larga (97,1 por cento), e máis do 84 por cento, asemade, dispoñen de páxina web.
Por outra banda, outro dato relevante extraído do estudo indica que “máis da metade das empresas TIC galegas (52,2 por cento) dispón de software libre”, destacando a súa implantación nos servidores, e nun segundo lugar, nos postos de usuario, tanto no relacionado con paquetes de ofimática como no propio sistema operativo.
No capítulo do comercio electrónico, cabe salientar que o 77,6 por cento das empresas TIC galegas con persoal asalariado realizou compras a través de Internet no último ano e máis da metade das empresas TIC galegas introduciron bens ou servizos novos ou mellorados de maneira significativa no período 2005-2007.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?