
Nesta xuntanza déronse cita os responsables das institucións implicadas e das seis comunidades autónomas que, ata o de agora, teñen manifestado “de maneira explícita” o seu interese en adherirse a este convenio; un acordo que establece a colaboración entre as diferentes administracións co fin de optimizar e aumentar a efectividade na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito xudicial. Para iso, esta comisión constituída hoxe encargarase de planificar as actuacións que se acometerán nun futuro.
Galicia está, polo tanto, entre as seis primeiras comunidades que se suman a este acordo, que persegue “fixar” un traballo conxunto entre as diferentes administracións implicadas para traballar no ámbito da interoperabilidade e a interconexión dos sistemas de información xudiciais, abondou.
A comisión constituída hoxe para o seguimento deste acordo persegue que a interoperabilidade e a seguridade que se buscan “contribúan a mellorar a eficiencia dos servizos públicos de atención ao cidadán e o propio funcionamento interno da Administración”. Tamén evita a duplicidade de esforzos, o que permite que as administracións competentes poidan cooperar na resolución dos procedementos, ao tempo que colaboran en dotarse dos mellores medios para iso.
A finalidade do convenio obxecto desta comisión, resumiu Pereira, “é facilitar o máximo aproveitamento das tecnoloxías da información e as comunicacións na actividade xudicial, en condicións de eficacia, eficiencia, racionalidade económica e calidade, empregando as plataformas tecnolóxicas e as aplicacións informáticas precisas”.
A intención, en resumidas contas, é aunar esforzos por parte de todas as administracións implicadas para acadar o obxectivo de interoperar os distintos sistemas informáticos existentes con todas as garantías de seguridade e tendo en conta os medios técnicos existentes para facilitar a interconexión entre eles.
Modernización colabora no proceso de informatización da actividade xudicial
Compartir Este Artigo

