Os Presidentes da FEMP, Pedro Castro, e da Delegación Española da Fundación Europea para a Sociedade da Información e a Administración Electrónica, Julio Gómez-Pomar, subscribiron un convenio de colaboración que permitirá pór en marcha un programa piloto de Televisión Administrativa IP para as Administracións Locais españolas.
O acordo inclúe as axudas do programa Eurípides para o despregamento deste tipo de televisión entre as Entidades asociadas á FEMP. A Fundación Europea porá a disposición das Administracións Locais unha dotación para a creación de 30 televisións administrativas por internet. Os beneficiarios poderán ser os concellos españois que, de xeito independente ou asociándose en agrupacións de municipios próximos xeograficamente, o soliciten. A FEMP encargarase de canalizar as solicitudes dos interesados e, xunto á Fundación Europea, determinará cales serán os 30 concellos ou agrupacións beneficiados.
Para a posta en marcha das televisións, o convenio considera a creación dun consorcio específico entre a Fundación e a Entidade Local beneficiaria; o Alcalde ou o Presidente da agrupación ocupan a presidencia do Consorcio, mentres que a Fundación Europea asume a totalidade do desenvolvemento e da actividade técnica e ingresos de cada televisión; a Fundación tamén asume e garante o equilibrio financeiro de cada televisión creada. As condicións concretas de explotación acordaranse mediante convenios específicos entre o concello (ou agrupación) e a Fundación Europea.
O presidente da Fundación, Julio Gómez-Pomar, explicou que o convenio subscrito coa FEMP permitirá aos Concellos ofrecer servizos máis eficaces aos cidadáns, ademais de contidos e información relevante sobre a xestión do municipio.
Os concellos españois inician unha experiencia piloto de televisión por Internet
Compartir Este Artigo
