O xigante tecnolóxico Apple, que nos últimos tempos non deixou un só ano de incrementar os seus beneficios netos, vén de facer balance do exercicio deste ano 2009, e o resultado foi, nada menos, que unhas ganancias de 5.700 millóns de dólares.
A fórmula deste gran éxito, que xa é un segredo á voces, non é outra que o seu teléfono interactivo iPhone, unha ferramenta que nalgúns medios xa califican como “a máquina de facer cartos”, e non é para menos, xa que tan só no último trimestre Apple vendeu 7,4 millóns de unidades en todo o mundo.
A facturación da compañía da mazá medrou un 25 por cento respecto ao último trimestre do exercicio anterior, ata 9.870 millóns de dólares, provintes non só do desexado iPhone, senón tamén dos seus ordenadores Macintosh, cuxa venda se incrementou nun 17 por cento, acadando os 3,05 millóns de unidades vendidas.
Na actualidade, ás portas de comezar coas vendas de Nadal, Wall Street “adora a Apple” e só nesta bolsa as súas accións xa subirón máis de un 8,5 por cento no mercado electrónico, ao peche do tradicional.
Porén o éxito do iPhone tamén ten o seu lado escuro pois o seu popular reprodutor dixital iPod, que a marca introducíu no mercado da electrónica de consumo a un prezo máis asequible, está a mermar as vendas do teléfono, ao tempo que gaña peso a pantalla táctil iTouch.
Asemade, a presión das operadoras de telefonía está a obrigar a Apple a rebaixar o prezo do iPhone, polo que a compañía tecnolóxica, a fin de manter a marxe dos seus beneficios por enriba do 36 por cento, dirixirá a súa atención cara o lanzamento de novos portátiles este inverno.
O consellerio delegado de Apple, Steve Jobs, mostrou a súa satisfacción cos resultados colleitados pola multinacional, “ao ter vendidos máis iPhones e Macs que en calquera outro trimestre”, afirmou.
Apple segue a colleitar grandes beneficios coa venda do iPhone
Compartir Este Artigo

