Dende o pasado 9 de outubro é posible sintonizar a través da TDT a canle Popular TV Galicia, que está en emisión en probas, de xeito que polo momento ofrece os mesmos contidos que a cadea de emisoras de ámbito local propiedade do grupo COPE.
A nova canle chega aos fogares galegos a través do múltiplex autonómico que actualmente inclúe a TVG e G2, e que no futuro tamén acollerá á canle autonómica dixital de La Voz de Galicia, de xeito que os catro programas teñen garantida unha cobertura idéntica en Galicia.
A finais do ano pasado Rafael Ramos, director xeral de Popular TV Galicia, asegurou que estaban a preparar o lanzamento da súa canle de Televisión Dixital Terrestre de ámbito autonómico, que contará con 4 horas diarias de programación galega (sen precisar a proporción de produción propia), aínda que polo momento iso son xuízos de intencións, e non anunciaron a data de lanzamento de Popular TV Galicia como unha canle cunha identidade de seu.

As emisións de Popular TV Galicia aínda están en fase de proba |
