
Bragado destaca que o sector do libro dixital está en constante cambio, pero asegurando que a edición galega está lista para o cambio, pois xa leva mudando nos últimos anos e así coma «os programas de autoedición obrigaron a unha profunda reforma (..) agora vivimos outra, na que primarán os contidos, o que esixe outras canles de colaboración entre todos os implicados no sistema literario galego».
No tocante á piratería, Manuel Bragado non cre que os libros vaian seguir os mesmos pasos que a música, e considera que o máis destacable do libro dixital será a democratización da edición.
Manuel Bragado confirma que Xerais publicará 2 novelas en formato electrónico antes de rematar o ano
Compartir Este Artigo
