Dende hoxe mesmo, os novos clientes de prepago (tarxeta) de Yoigo, van poder gozar dun regalo de 20 mensaxes curtas (SMS) cando den de alta o seu novo número coa compañía e se identifiquen como titulares da liña, algo que teñen que facer por forza se non queren perder o seu número para sempre e tamén o saldo acumulado na tarxeta.
Ben sexa comprando só a SIM ou adquirindo un terminal que inclúen calquera das tarifas coas que conta Yoigo, os clientes gozarán automaticamente de 20 mensaxes para gastar nun prazo de 30 días dende a data de activación da liña sen necesidade de darse de alta en ningunha promoción.
A estes 20 SMS de balde, poderán acceder todas as novas altas de tarxeta, independentementede se adquiren o seu número por teléfono, a través da web, ou en algunha das centos de tendas exclusivas que Yoigo ten en toda España. Este regalo de benvida é valido para mensaxes de texto enviados a calquera operador nacional e internacional, mentres que os SMS a servizos Premium ou en Roaming están excluídos.
Yoigo regálalle 20 SMS aos clientes de prepago que dean de alta o seu número
Compartir Este Artigo

