Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta colabora na implantación do voto electrónico nas universidades galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta colabora na implantación do voto electrónico nas universidades galegas

Raquel Noya
Publicado: 09/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Voto_electronico.jpgA Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, vén de asinar un convenio de colaboración coas tres universidades galegas mediante o cal lle presta o seu apoio para implantar un sistema de voto electrónico nos seus procesos electorais.
Mediante este acordo, o departamento que dirixe Mar Pereira vaille achegar un total de 150.000 euros ás devanditas entidades académicas.para o desenvolvemento dunha plataforma de voto electrónico única e común, dirixida ao conxunto da comunidade universitaria.
As persoas responsables deste desta iniciativan aseguran que “contribúe á extensión do acceso á Sociedade da Información e do coñecemento e ao desenvolvemento da Administración electrónica, facilitando así mesmo o exercicio dos dereitos e deberes de participación no goberno das universidades”. O sistemam, engaden, “facilitará a participación universal e en condicións de igualdade e de seguridade nos procesos electorais universitarios e servindo de experiencia para a utilización deste sistema en procesos electorais xerais”.
Con este proxecto, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica avanza no obxectivo de impulsar o desenvolvemento da Sociedade da Información no noso país, no que se refire a servizos públicos de calidade, promovendo a participación e o e-goberno.
Asemade, o convenio coas universidades de Santiago, A Coruña e Vigo terá en conta a necesidade de que os alumnos de educación superior adquiran, xunto coa formación nas súas disciplinas académicas, unha competencia avanzada no uso das novas tecnoloxía como parte da súa cultura cidadá.
En virtude do acordo, a Xunta de Galicia apoiará ás universidades galegas para que poñan en funcionamento as ferramentas informáticas que posibiliten o voto electrónico, sendo o seu principal obxectivo o impulso da administración electrónica nos procesos electorais no ámbito desas institucións académicas.
As universidades, pola súa banda, poñerán en marcha de común acordo un único sistema de votación electrónica que deberá garantir a seguridade, a calidade dos datos e o segredo do voto, ademais de ser auditable.
A achega económica da Xunta de Galicia debe permitir a adquisición de servidores, a elaboración dun programa e adquisición de licenza permanente de voto electrónico, así como o desenvolvemento dun plan de formación e promoción do sistema en cada unha das tres universidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026
Actualidade

X por fin incorpora controis parentais

26/11/2026
Actualidade

Balidea e a USC organizan unha mesa redonda sobre IA médica responsable

26/11/2026
Actualidade

Galicia contará cun rexistro de condenados por violencia dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?