Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tráfico reforza o seu control sobre o uso do móbil ao volante
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tráfico reforza o seu control sobre o uso do móbil ao volante

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/11/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

news-cellular-evans3.jpgNon hai que ser un experto en condución para sabelo: os móbiles e o coche en marcha, non fan boa mestura. Porén, hai xente e máis xente que segue sen sabelo, ou ten moita présa (porque a présa segue a ser o distintivo dos tempos que vivimos) como para inmobilizar o seu vehículo e deixar de facer manobras cunha soa man ou falar a medias (porque falar polo móbil mentres se conduce tamén afecta de xeito negativo ao que se di ou ao que se quere dicir). Leas aparte, á Dirección Xeral de Tráfico tampouco está contenta con estes hábitos, de aí que se veña de involucrar nun reforzamento dos métodos para pórlles freo, sendo o método principal o do control directo nas estradas.
Deste xeito, ata o día 22 de novembro, a Dirección Xeral supervisará a preto de 600.000 vehículos que circulen polas estradas co obxectivo de reducir na medida do posible o uso de teléfono ao volante.
A iniciativa forma parte dun programa para a concienciación da cidadanía sobre os perigos que achega falar polo terminal mentres se conduce, práctica que diminúe e con moito, a capacidade de atención e reacción dos condutores, feito especialmente preocupante para aqueles casos nos que a atención xa de por si está baixo mínimos.
A idea da campaña é informar que máis da terceira parte dos sinistros nas estradas con vítimas que se contabilizaron nas estadas españolas ao longo de 2007 tiveron a súa orixe en distraccións desta índole.
Segundo informa EFE facéndose eco dos datos da campaña, os datos non fan máis que confirmar que non hai conversa telefónica boa co vehículo en marcha:
· Mentres imos pola estrada, só o simple aceno de marcar un número de móbil lévanos 13 segundos, responder a unha chamada 8 décimas de segundo e sintonizar unha cadea de radio unhas 6 décimas de segundo. O resultado de todo isto é que durante todo ese tempo, por así dicilo, non estaremos ao que temos que estar, circulando o coche fóra de control.
· As investigacións apuntan a que o emprego de teléfono móbil ao volante multiplica por catro o risco de ter un accidente, pudendo equipararse o perigo ao que nos expoñemos ao falar polo terminal co de ter no sangue unha taxa de alcohol maior cá permitida.
Volvendo á iniciativa da Dirección Xeral de Tráfico, dicir que tamén se vai dirixir a tirar abaixo a idea xeralizada de que os sistemas de mans ceibas non supoñen distracción algunha para o condutor. En definitiva, nada máis lonxe da realidade, explica a institución, xa que cando falamos polo móbil non só nos distrae o feito de collelo e marcar un número (enviar un sms xa sería o cumio destas prácticas mal encamiñadas), senón o propio feito de estármonos comunicando, que, a menos que se demostre o contrario, soe vir acompañado dunha actividade cerebral en maior ou menor medida intensa. Así, engádese, a DXT aconsella que para evitármonos tentacións de coller o aparello respondendo unha chamada procedamos a apagalo antes, de igual forma que previamente á condución en si mesma nos poñemos o cinto de seguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026
Actualidade

X por fin incorpora controis parentais

26/11/2026
Actualidade

Balidea e a USC organizan unha mesa redonda sobre IA médica responsable

26/11/2026
Actualidade

Galicia contará cun rexistro de condenados por violencia dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?