Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O servizo de saúde británico bota man de tecnoloxía sen fíos para as transfusións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O servizo de saúde británico bota man de tecnoloxía sen fíos para as transfusións

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/11/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sangue_doazon.jpgA tecnoloxía de acceso á rede sen fíos vai alén de achegar máis comodidade e máis universabilidade nas nosas conexións á Internet. En realidade, e malia os informes que nos últimos tempos apuntan a unha suposta perniciosidade do seu uso en determinados espazos, mesmo pode ser útil en lugares onde todo (en maior ou menor medida) está posto ao servizo de salvar vidas. Entre estes lugares atópanse os centros de innovación e de desenvolvemento do NHS (o National Health Service británico), onde se está a dar forma a un sistema dirixido a facer rastrexo de órganos e sangue para transplantes.
O servizo por si mesmo non tería porqué figurar nunha web de novas tecnoloxías como a nosa se non fose por un pequeno gran detalle: o sistema Bio-Track (pois así se chama a aplicación de buscas) apóiase en tecnoloxía de acceso á información sen fíos. Cómpre sinalar que amais do rastrexo, tamén permite avaliar a temperatura axeitada de órganos e sangue, función especialmente importante durante o transporte dos mesmos.
Segundo se conta en Lavidawifi, é moi posible que haxa un antes e un despois logo da chegada desta tecnoloxía ao ámbito sanitario e máis concretamente das transfusións. De feito, sinálase, previamente á chega de Bio-Track era preciso empregar tempo e esforzos na apertura dos caixóns para comprobar os termómetros. Porén, agora abonda con facer exames da temperatura nos computadores ou dispositivos móbiles en virtude do sistema de rede sen fíos. Isto é posible grazas á inclusión en cada caixa ou mostra dunha célula de radiofrecuencia sen fíos. Por certo que o servizo pode avaliar máis de cen unidades carretadas nun mesmo vehículo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026
Actualidade

X por fin incorpora controis parentais

26/11/2026
Actualidade

Balidea e a USC organizan unha mesa redonda sobre IA médica responsable

26/11/2026
Actualidade

Galicia contará cun rexistro de condenados por violencia dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?