
Na actualidade, Ono ofrece telefonía móbil a través da rede de Movistar, mentres que o resto de cableiras fan o propio a través de Vodafone, escenario que a longo prazo podería considerarse coma inviable para manter competencia.
Agárdase que durante o primeiro trimestre de 2010 teña lugar un concurso de licenzas móbiles na frecuencia dos 2,6 GHz que en parte adxudicarase de xeito rexionalizado, de aí que os grupos de cable poderían facerse cunha licenza en cadansúa rexión, e máis adiante tamén agárdase a recualificación de frecuencias GSM a 900 MHz e o reparto das frecuencias que queden libres na banda do UHF tras o apagamento analóxico. Todo este movemento parece levar ás operadoras a mover ficha, e a súa agrupación podería ser crucial de cara a manter unha mellor posición no mercado, aínda que só sexa no sector da telefonía móbil.
As operadoras de cable poderían federarse no mercado do móbil
Compartir Este Artigo
