Sony Ericsson estreará móbil con Android en España este mes de abril, o Xperia X10, a través da operadora británica Vodafone, e a cadea de tendas The Phone House adianta os prezos que terá este interesante terminal con procesador a 1 GHz, pantalla de 4 polgadas, cámara de 8,1 Mpíxeles, 1 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 16 GB, a-GPS, Bluetooth, HSPA, USB, compatibilidade de sincronización con ActiveSync e as aplicacións Timescape e Mediascape preinstaladas.
Mediante contrato particular e Internet no móbil será posible conseguir este terminal de balde con portabilidade con Tarifa Relax 50, por 49 euros con portabilidade a Tarifa Relax 25, 149 euros con portabilidade ao resto de tarifas e 99 euros para alta nova con Tarifa Relax 25. Con contrato autónomo as portabilidades ao Plan Conecta sairán de balde, tendo que pagar 59 euros no caso de alta nova.
Pese a que estamos ante un dos móbiles con Android máis atractivos do mercado (especialmente pola calidade da súa cámara), cómpre destacar que funciona con Android 1.6 (aínda que agárdase unha actualización a Android 2.1) e a súa pantalla non é multi-táctil (o que ata a data non foi un problema para os móbiles con Android, pero que comezan a presentar outros modelos).
The Phone House adianta os prezos do Sony Ericsson Xperia X10 para España
Compartir Este Artigo
