No marco do Mobile World Congress de Barcelona, Intel e Nokia anunciaron a súa intención de fusionar as súas plataformas Moblin e Maemo en MeeGo, un novo sistema operativo móbil baseado en Linux e que iría destinado non só a teléfonos móbiles coma o Nokia N900 ou o LG GW990, senón tamén a ordenadores ultraportátiles, televisores conectados, sistemas integrados en vehículos, etc.
En menos de 2 meses temos xa os alicerces de MeeGoo, o núcleo que sosterá tal plataforma, dispoñible para a súa descarga e instalación en 3 versións: para ultraportátiles con procesadores Intel Atom, para dispositivos Nokia N900 con procesadores ARM ou para trebellos con Moorestown (considerado coma o Atom dos teléfonos).
Nos vindeiros días publicarán un calendario para definir os pasos que vai dar este sistema aberto no tocante á súa interface, ás súas aplicacións e ao seu desenvolvemento de software, sendo de agardar unha boa saúde dentro desta plataforma, posto que a comunidade de desenvolvedores de Maemo previsiblemente adoptarana en breve, dotándoa dun grande potencial.
Xa pode descargarse a primeira versión de MeeGo
Compartir Este Artigo
