Un informe elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) sostén que a piratería dixital no mundo do libro ocasionaría ao sector unhas perdas de 150 millóns de euros, superando á fotocopia non autorizada (estimada en 100 millóns de euros), o que afectaría principalmente a libros científicos e académicos, segundo avanzou o director executivo da FGEE, Antonio María Ávila, tras manter unha xuntanza coa ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde.
O estudo farase público antes do verán, e pretende chamar a atención sobre a «preocupante situación» que vive España no tocante á piratería dixital. Precisamente por iso os editores apoian as medidas anti-descargas promovidas na Lei de Economía Sustentable. Entendemos así que estamos ante unha información interesada, de aí que a súa fiabilidade sexa moi discutible por diversos motivos, coma non entenderse que a descarga de libros electrónicos estea a ser tan importante como dan a entender (os eReader en España son un fracaso comercial) ou o feito de que apenas existan libros actuais editados en formato electrónico (ou sexa, que o consumidor carece de opcións legais para a descarga de libros electrónicos).
A industria editorial española asegura que as descargas ocasionan unhas perdas superiores ás fotocopias non autorizadas
Compartir Este Artigo
