Hai un par de meses Vodafone España converteuse no primeiro Tuenti Partner, ofrecendo aos seus clientes que sexan usuarios de Tuenti a posibilidade de recibir no móbil mensaxes de texto de balde coas notificacións da rede social, e agora é a propia Movistar a que segue os seus pasos e incorporase ao programa Tuenti Partner para ofrecer tamén aos seus clientes o servizo TuentiSMS.
Movistar tamén incluirá aplicacións de Tuenti nos seus terminais para contribuír á mellora da experiencia dos clientes de Movistar na plataforma móbil e de web de Tuenti. As compañías tamén colaborarán en desenvolvementos publicitarios.
Movistar ofrecerá o servizo TuentiSMS aos seus clientes
Compartir Este Artigo
